Animacam: O maior festival de cine de animación temolo aquí ao lado

Miles de persoas son o xurado a través de Internet do Festival de Cine de Animación máis concorrido do mundo, celebrado na rexión ourensana de Sandiás. 313 películas e 61 países participan na súa segunda edición.

A calidade dos traballos presentados chaman á reflexión dos profesionais. Xosé Luis Martínez Carneiro, director de Animacam sinala que queren demostrar que é posible que se produzan debuxos animados nunha aldea galega de 100 veciños. "Éntrache unha cura de humildade sobrecolledora cando ves a cantidade de proxectos marabillosos, honestísimos, feitos moitas veces con moi baixos orzamentos. Chegaron proxectos ata de  Uzbekistán...".
Calquera pode ver as películas de balde a través de Internet e emitir o seu voto desde o ordenador para dicir que película gustache máis.

animacam

No hay comentarios: