O piano de Aidan Gibbons

Curtametraxe de animación 3D na que un vello ve pasar a súa vida a ritmo de piano coa melodía ‘'Comptine D’une Autre Ete’' de Yann Tiersen, da banda sonora da película Amelie. Foi nomeado a mellor animación no Bradford Animation Festival do ano 2005 e gañador do premio do público durante o University Hertfordshire Filme Day 2005.
The piano foi o primeiro curto de Aidan Gibbons que realizou no seu 2º ano de Universidade. O Departamento de Educación do Reino Unido adoptouno como material de ensino e móstrao nas escolas de primaria e secundaria de todo o país