Dous audiovisuais do IES María Soliño foron presentados na I Mostra de Cine Xuvenil de Vigo celebrada na primaveira do 2012.
Josué Gestido, Raúl Entenza e Iván Graña representaron aos máis de 30 alumnos de Artes de Cultura Audiovisual de 1º de Bacharelato de artes que achegaron as súas microcurtas para esta montaxe feitas con dispositivos móviles e medios moi precarios pero con moita creatividade, destacados polo emprego da técnica de stop motion. Á Mostra presentamos esta montaxe pero podénse ver todas as que eles fixeron na seguinte ligazón http://cultura--audiovisual.blogspot.com.es/p/microvideoclips-para-fluido-rosa.html
Na gala proxectaronse as 10 produccións seleccionadas presentadas por 8 Institutos de Ensino Secundario de Galicia. Os IES de Allariz, Ramón Cabanillas de Cambados, Mostirón de Sada, Sabón de Arteixo, Cacheiras de Teo, Manuel García Barros de A Estrada e o IES María Soliño de Cangas do Morrazo. Todas representan o interese do alumnado e profesorado por este medio de expresión con traballos realizados grazas a achega de moitas horas extras e ilusión.
Juan Molina Fernández asistiu a presentación da súa curta na primeira edición da Mostra de Cine Xuvenil celebrada no Auditorio Cívico de Teis (Vigo) organizada polo colectivo musiquina33mg, organizadores do I Festival Primavera do Cine en Vigo, que seleccionaron 10 audiovisuais, 2 de @canalartes do IES María Soliño. A gala foi presentada polo cantante de hip-hop Pániko en las Calles, David Esperón e a directora de cine Ana Laura Pereira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comenta aquí y después de que revise los comentarios éstos serán publicados. Gracias por tu colaboración.