Yellow Submarine é unha película animada de 1968 baseada na canción de The Beatles. Foi dirixida polo animador canadense George Dunning, e producida polo United artists e King Features Syndicate. Os mesmos Beatles aparecen só case ao final da película dobrados por outros autores. Este filme foi vangardista, excitante e  realmente novo no mundo da animación e con moito éxito . O argumento narra as peripecias duns Beatles debuxados, sobre un universo irreal de fantasías psicodélicas, con seres e espazos evocadores desta estética. Toda esta mistura conseguiu entusiasmar aos seguidores como nunca outra película fixérao. A película será reestrenada no 2012, co gallo dos Xogos olímpicos de Londres 2012. Disney é o encargado de levala ás pantallas conseguindo os dereitos e filmará en 3D Dixital. A película será dirixida por Robert Zemeckis, utilizando a mesma técnica que nas súas películas: O Expreso Polar, Beowulf e As Pantasmas de Scrooge. Info wikipedia